1/11/14

CONCELLO DE SANXENXO. Traballo Social.


O Concello de Sanxenxo publica a convocatoria para a selección e contratación laboral temporal por interinidade de unha persoa con título oficial válido para exercer como Traballador Social, por mor da necesidade urxente da xestión do servizo de axuda no fogar con motivo da baixa da responsable, con categoría equivalente ao grupo A2 para un funcionario.

Titulación esixida: diplomatura ou titulación equivalente en traballo social.

Sistema de acceso: oposición.

Requisitos, entre outros: Carné de conducir B e vehículo.

Dereitos de exame: 17,99 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o venres 31 de outubro ata o martes 4 de novembro de 2014.

Na web do Concello podedes ver as bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario