5/11/14

CONCELLO DE MUGARDOS. Maquinista-chófer

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 212 do 5 de novembro de 2014, o Concello de Mugardos publica a convocatoria e bases específicas para elaboración lista para a provisión temporal de postos de traballo da categoria: maquinista-chófer vehículos municipais.

Titulación esixida: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, FP1, Graduado Escolar ou equivalente

Requisito, entre outros: Posuir o permiso de conducir Clase C.

Sistema de elaboración da lista: Por baremo de méritos establecidos na convocatoria.

O prazo para presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O dito prazo remata o 25 de novembro de 2014.

As bases xerais para a elaboración de listas no Concello de Mugardos foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do 27 de marzo de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario