13/9/14

CONCELLO DE LUGO. Operarios.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 209 do 11 de setembro de 2014, o Concello de Lugo publica o proceso selectivo para a cobertura temporal de prazas de Operario, para a elaboración dunha lista dende a que se irá chamando os candidatos pola orde de puntuación obtida por cada un deles.

Titulación esixida: Certificado de escolaridade ou título superior ou equivalente.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Prazo de presentación de instancias: dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, prazo que remata o 22 de setembro de 2014.

Os sucesivos anuncios en relación con este proceso, publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario