21/8/14

CONCELLO DE CELANOVA. Intervención-Tesoureiría.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 191 do 21 de agosto de 2014, o Concello de Celanova publica as Bases polas que se rexe a convocatoria pública para a provisión con carácter interino do posto de Intervención-Tesourería.

Titulación esixida: Licenciatura en Dereito, Administración e Dirección de Empresas, Economía, licenciado en Ciencias Actuarías e Financeiras ou equivalente.

Sistema de acceso: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 10 de setembro de 2014.

Nota: Se existise un funcionario/a con habilitación de carácter estatal interesado en ocupar a praza desta convocatoria, o procedemento suspenderase ata facer efectivo o nomeamento deste, momento no que se deixara sen efecto. De non ser así o procedemento de selección continuaría o seu trámite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario