30/7/14

CONCELLO DE VILA DE CRUCES. Brigada Defensa Incendios Forestais

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 145 do 30 de xullo de 2014, o Concello de Vila de Cruces publica as bases do proceso de selección para a contratación dun xefe de brigada para prevención e defensa contra incendios forestais como persoal laboral temporal e as bases do proceso de selección para a contratación de catro peóns para prevención e defensa contra incendios forestais como persoal laboral temporal.

As persoas interesadas poden consulta-las bases no Departamento de Secretaría do Concello de Vila de Cruces, e na web do concello de Vila de Cruces.

O prazo para a presentación de instancias é de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, xa que logo este prazo remata o luns 4 de agosto de 2014.


Concello de Vila de Cruces
Pza. Juan Carlos I, s/n 
Teléfono: 986 582 017

No hay comentarios:

Publicar un comentario