24/6/14

CONCELLO DE A BOLA. Brigada Prevención Incendios Forestais

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 143 do 24 de xuño de 2014, o Concello de A Bola publica as bases para a selección e posterior contratación de cinco traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios.

Denominación dos postos a contratar:

- Un xefe de brigada,
- Un peón-condutor de brigada e
- Tres peóns de brigada.

Prazo de presentación de solicitudes: cinco días naturais seguintes ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP, prazo que remata o 30 de xuño de 2014.

As bases completas da convocatoria poderán ser consultadas no Concello da Bola.

Estrada Allariz-Celanova,
Campo de Veiga 4,
Tel 988 451 293
concello@concelloabola.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario