25/6/14

CONCELLO DE MURAS. Socorista

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 143 do 24 de xuño de 2014, o Concello de Muras publica a seguinte convocatoria para a selección de persoal laboral temporal:

Servizo: Piscina Municipal de Muras: 2 prazas de socorrista a xornada parcial (20,50 horas semanales) meses de xullo e agosto.

Lugar e prazo de presentación de instancias: No Rexistro Xeral do Concello de Muras no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no B.O.P. de Lugo. 

O prazo de presentación de solicitudes remata o luns 30 de xuño de 2014.

Requisitos: Os establecidos nas bases de convocatoria.

Sistema de selección: Concurso, segundo o establecido nas bases que se encontran a disposición na Secretaría do Concello

No hay comentarios:

Publicar un comentario