21/3/14

CONCELLO DE SADA. Axente TIC.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 54 do 20 de marzo de 2014, o Concello de Sada publica as Bases da convocatoria de proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun axente da tecnoloxía da información e da comunicación (TIC).

Titulación esixida: Estar en posesión do título de técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas ou de administración de sistemas informáticos en rede, ou diplomatura universitaria de enxeñería técnica en informática ou da licenciatura universitaria de enxeñería informática.

Taxas: 20 euros.

Sistema de selección: concurso de méritos.

As instancias de participación, dirixidas ao señor Alcalde-Presidente, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público, durante o prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP de A Coruña; polo que este prazo remata o mércores 26 de marzo de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario