1/2/14

CONCELLO DE TUI. Técnico de Xestión.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 21 do 31 de xaneiro de 2014, o Concello de Tui publica un Anuncio polo cal aprobáronse por Resolución de alcaldía as bases reguladoras e convocatoria de selección para a cobertura dunha praza vacante dun técnico de xestión, funcionario interino, mediante concurso-oposición.

Áa fase de concurso corresponderalle como máximo o 20% da puntuación total máxima posible do concurso-oposición, correspondéndolle o 80% restante á fase de oposición

Titulación esixida: Enxeñeiría técnica, diplomatura universitaria, título de grado ou equivalente.

As bases íntegras publicaranse no Taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal (www.concellotui.org).

Prazo de presentación de solicitudes: vinte días naturais contados dende o día seguinte á publicación de anuncio no BOP de Pontevedra, polo que este prazo remata o 20 de febreiro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario