31/1/14

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL PARQUE DAS CIENCIAS VIGO ZOO

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 21 do 31 de xaneiro de 2014 o Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo ZOO publica as Bases rectoras do proceso selectivo para a contratación en réxime laboral temporal, a través dun contrato de relevo de dous Oficiais coidadores de vixilancia, mantemento e control durante o 50% da xornada para cubrir a vacante por xubilación parcial dos titulares do posto.

Titulación esixida: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

Requisito entre outros: estar en situación de desemprego.

Sistema de acceso: oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. Este prazo remata o 12 de febreiro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario