13/2/14

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS. Peóns.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 36 do 13 de febreiro de 2014 o Concello de San Cibrao das Viñas publica as Bases específicas que rexerán a provisión como persoal laboral temporal (contrato por obra ou serivicio) das seguintes prazas:

- Dous peóns de obras municipais.

- Un oficial 2ª de obras municipais.

- Tres peóns de xardineiría.

- Un peón de xardineiría para o mantemento de rutas de sendeirismo.

Sistema de contratación: concurso-oposición

Prazo de presentación de solicitudes: seis días hábiles a partir da publicación no BOP, polo que este prazo remata o 20 de febreiro de 2014.


No hay comentarios:

Publicar un comentario