6/2/14

CONCELLLO DE BAIONA. Arquitecto interino.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 25 do 6 de febreiro de 2014, o Concello de Baiona publica o seguinte anuncion:

Aprobadas por resolución de alcaldía de data 23/01/2014 as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto incluída na plantilla de persoal para substitución dunha funcionaria de baixa por incapacidade temporal en réxime de interinidade de conformidade co disposto no artigo 10 do Estatuto Básico da función pública e no artigo 8 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia.

Polo exposto procédese a publicación do anuncio para os efectos de que os interesados presenten as súas solicitudes no prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio e segundo o establecido nas bases da convocatoria publicadas integramente na paxina www.baiona.org.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Titulación esixida: Arquitectura.

Prazo de presentación de solicitudes: de 6 de febreiro a 11 de febreiro de 2014.

Acceso ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario