9/7/13

CONCELLO DE OS BLANCOS. BRIGADA CONTRA INCENDIOS

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 156 do 9 de xullo de 2013 o Concello de Os Blancos publica un anuncio para contratar persoal para as brigadas de prevención e defensa contra incendios.

Prazas:

-  1 peón condutor con carné de conducir tipo B, cun contrato por obra ou servizo a xornada completa de tres meses de duración.
- 3 peóns de brigada forestais, cun contrato de obra ou servizo a xornada completa de tres meses de duración.
- de 1 xefe de brigada, cun contrato de obra ou servizo a xornada completa de tres meses de duración.

Abrirase un prazo de 3 días hábiles, dende a publicación no BOP, para a presentación de instancias no Rexistro Xeral do Concello dos Blancos, onde se poderán consultar as bases que están no taboleiro de anuncios.

O prazo remata o venres 12 de xullo de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario