10/7/13

CONCELLO DE CASTRO CALDELAS. BRIGADA CONTRA INCENDIOS

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 157 do 10 de xullo de 2013 o Concello de Castro Calderas publica o seguinte anuncio:

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal:

1) Número e denominación das prazas: brigada de prevención e defensa contra incendios forestais (1 xefe de brigada, 1 peón – condutor e 3 peóns).

2) Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

3) Duración do contrato: 3 meses dende a sinatura do contrato.

4) Sistema de selección: concurso de méritos.

5) Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP. 

Este prazo remata o martes 16 de xullo de 2013.

Como podedes comprobar este anuncio nen sequera informa de onde podemos atopar as bases, que debe ter toda convocatoria, supoñemos que será alto segredo, xa o que o emprego público no é de todos, é so do alcalde de turno, polo que vos deixamos o teléfono do Concello por si teñen a ben de informarvos.

Concello de Castro Caldelas
Teléfono: 988.203.000
correo-e: info@castrocaldelas.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario