31/5/13

CONCELLO DE A MEZQUITA

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 124 do 31 de maio de 2013 o Concello de A Mezquita publica as Bases específicas de selección persoal dunha praza de condutor de tractor con rozadora e outra maquinaria similar con carácter laboral temporal.

Requisito, entre outros: estar en posesión e ter en vigor o carné de conducir clase B.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes nas oficinas municipais (deberán indicar o seu número de teléfono e o seu correo electrónico no caso de o ter), en horas de 9.00 a 14.00, tamén poderán remitirse por calquera dos medios recollidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro; (se se tramitan por este último procedemento e dada a urxencia da contratación debido aos prazos que hai que cumprir na súa xustificación, deberán adiantar a solicitude e documentación mediante burofax ou fax, sen prexuízo de remitir a documentación orixinal ou copias cotexadas ).

O prazo para presentar as solicitudes é de 7 días naturais dende a publicación do anuncio no  BOP, polo que que remata o 7 de xuño de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario