3/6/13

CONCELLO DE SAN XOAN DE RÍO

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 126 do 3 de xuño o Concello de San Xoan de Río publica as Bases para a creación dunha bolsa de emprego para substitucións de determinados postos de traballo.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de San Xoán de Río (de luns a venres) durante o prazo mínimo de vinte días naturais, cuxo cómputo empezará ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios do concello e no BOP de Ourense, polo que este prazo remata o 25 de xuño de 2013.

Relación de postos e titulación requirida para o acceso a estes.

1.-Auxiliar administrativo/a. Estar en posesión do titulo de bacharelato; FP1, rama administrativa; coñecementos avanzados de informática demostrables, ou estar en condicións de obtelos na data que termine o prazo de presentación de solicitudes. Coñecemento de contabilidade (demostrables).

2.- Axuda no fogar. Estar en posesión do titulo de técnico/a de Atención Sociosanitaria ou FP, rama clínica ou equivalente, ou certificado de profesionalidade, ou estar en condicións de obtelo na data que termine o prazo de presentación de solicitudes.

3.- Operario de servizos: FP II, ramas de electricidade, fontanaría ou semellantes, ou estar en condicións de obtelo na data que termine o prazo de presentación de solicitudes. Carné de conducir, mínimo clase B.

4.- Peóns de servizos varios: certificado de escolaridade ou equivalente. Carné de conducir, mínimo clase B. 

5.- Chofer de máquina rozadora: graduado escolar ou equivalente, carné de conducir, mínimo clase B.

6.- Educador/a social: diplomado/a en Educación Social.

7.- Limpador/a: certificado de escolaridade ou equivalente.

8.- Animador/a social: diplomado en Educación Social, Traballo Social, Educación -monitor/a tempo libre. 

9.- Xestión do albergue xuvenil: diplomado/a universitario ou equivalente en Turismo, Empresariais, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario