3/4/13

CONCELLO DE O ROSAL


Mediante resolución da Alcaldía do día de hoxe acordouse aproba-las bases e a convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral temporal coa categoría de LIMPADOR/A, a xornada parcial, con carácter interino.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Pola presente ábrese un prazo de 7 días naturais,a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio neste boletín oficial, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro,de Réxime XurídicodasAdministraciónsPúblicas e do ProcedementoAdministrativo Común, todo elo de conformidade coas bases da convocatoria expostas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.(www.concellodorosal.es).

O prazo para presentar as solicitudes remata o 10 de abril de 2013.

Teléfono do Concello de O Rosal: 986625000

Correo electrónico: orosal@concellodorosal.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario