24/1/13

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 19 do 23 de xaneiro de 2013 o Concello de San Cibrao das Viñas publica distintas bases para a contratación laboral dos seguintes postos de traballo:

Unha praza de coordinador deportivo, media xornada, contrato por obra ou servizo.
Titulación esixida: Graduado Escolar ou equivalente.

Unha praza de albanel oficial 2ª de construción, contrato por obra ou servizo.

Unha praza de peón de xardineria, contrato por obra ou servizo

Dúas prazas de peón de construcción, contrato por obra ou servizo.

Tres prazas de peón de xardinería, contrato por obra ou servizo.

Unha praza de profesor de música, a tempo parcial, contrato por obra ou servizo.

O sistema de selección de tódalas prazas é de concurso de méritos.

As solicitudes presentaranse en instancia que para o efecto facilitará o concello, no Rexistro Xeral durante o prazo de seis días hábiles; tamén se poderán remitir por calquera dos medios recollidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O devandito prazo computarase a partir do día seguinte da publicación do anuncio de convocatoria no taboleiro de anuncios do concello e no BOP. Este prazo remato o 30 de xaneiro de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario