25/1/13

CONCELLO DE OROSO

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 17 do 24 de xaneiro de 2013 publícanse as Bases que rexen na convocatoria de selección de Psicólogo dos servizos sociais comunitarios do Concello de Oroso, baixo a modalidade de contrato laboral temporal por obra  ou servizo determinado, así como a creación de bolsa de emprego para cubrir prazas de xeito temporal de Psicólogo dos servizos sociais.

Requsitos, entre outros: Estar en posesión da Licenciatura en Psicoloxía e posuír permiso de conducir da clase B e dispoñer de vehículo para necesidades do servizo.

Sistema de selección: oposición.

Os interesados deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello na Praza Isaac Díaz Pardo 1 ou de xeito telemático na Sede Electrónica do Concello de Oroso (https://sede.oroso.es, apartado Emprego Público > Convocatoria de Persoal) no prazo de dez días hábiles contados dende a publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a documentación que se establece na convocatoria.

O prazo remata o 5 de febreiro de 2013.

Crearase unha bolsa de emprego formada pola lista de aspirantes que logo de superar as probas da fase de oposición non obtivesen praza, ordenados de maior a menor puntuación, incluíndose no primeiro posto o aspirante nomeado no presente proceso selectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario