16/11/12

CONCELLO DE MELIDE

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 216 do 13 de novembro de 2012 publícanse as Bases de selección para a contratación dun/ha funcionario/a interino/a, grupo C, subgrupo C2, escala Administración Xeral, subescala: auxiliar administrativa, para o Concello de Melide.

As probas selectivas realizaranse polo sistema de oposición libre.

Requisito, entre outros: estar en posesión, ou en condicións de obter na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, título de graduado escolar formación profesional de primer grado ou equivalente.  

O prazo de presentación será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. Este prazo remata o 23 de novembro de 2012.

As solicitudes acompañaranse dunha copia compulsada do Documento Nacional de Identidade, ou pasaporte así como da copia compulsada do título que acredita como requisito mínimo para acceder ao proceso selectivo, e de ser o caso, a copia do CELGA 3 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.

Dereitos de exame: 18,56 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario