15/11/12

DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

No Diario Oficial de Galicia do 14 de novembro de 2012 publícase Anuncio de oferta ordinaria de emprego público da Diputación Provincial de Ourense.

As prazas que se publican nesta oferta son:

Unha praza de técnico superior en administración financeira e tributaria, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior.

Unha praza de administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa

Unha praza de chófer de presidencia, subgrupo C2, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios.

Unha praza de condutor de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical.

Dúas prazas de auxiliar de servizos, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical.

Dúas prazas de albanel, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical.

Dúas prazas de tractorista, asimiladas ao subgrupo C2. Concurso-oposición por promoción interna vertical.

Unha praza de capataz de explotacións agropecuarias, asimilada ao subgrupo C2.

 Unha praza de oficial de obras e servizos, asimilada ao subgrupo C1.

Unha praza de chófer especialista para a Unidade de Xestión de RSU de San Cibrao das Viñas, asimilada ao subgrupo C2.

No hay comentarios:

Publicar un comentario