13/6/12

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA



O alcalde, mediante Resolución do día 29 de maio de 2012, aprobou as bases para a contratación laboral dun socorrista acuático para as piscinas municipais. 

As instancias, dirixidas ó alcalde, presentaranse no Rexistro Xeral do concello, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de dez días naturais seguintes a aquel no que apareza publicado este anuncio no BOP. Se o décimo día fose festivo ou cadrase en sábado, o prazo finalizará ó seguinte día hábil.

Este prazo remata o 25 de xuño de 2012.

As bases atópanse na secretaría do concello e poderán ser examinadas por quen o desexe durante as horas de oficina

No hay comentarios:

Publicar un comentario