6/6/12

CONCELLO DE MARIN

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 108 do 6 de xuño de 2012 publícanse diversos anuncios do Concello de Marín polos que se convocan procesos selectivos para a contratación laboral temporal dos  seguintes postos de traballo:

- Tres Patróns socorristas para a vixilancia das praias. Requisitos, entre outros: estar en posesión da Titulación de Socorrista Acuático en espazos acuáticos naturáis expedido pola Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, pola Academia de Seguridade Galega, cruz Vermella, Idissa ou calquera outra titulación oficial expedida por unha administración pública competente e estar en posesión do Título de Patrón de Navegación Básica .

Sistema de acceso: oposición (probas físicas e exame tipo test)

- Un Coordinaror de Socorrismo para a vixilancia das praias. Requisitos, entre outros: estar en posesión do título de Bacharelato ou técnico ou título equivalente e estar en posesión da Titulación de Socorrista Acuático en espazos naturáis expedido pola Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, pola Academia de Seguridade Galega, cruz Vermella, Idissa ou calquera outra titulación oficial expedida por unha administración pública competente. 

Sistema de acceso: concurso-oposición.

- 24 postos de Socorristas para a vixilancia das praias. Requisitos, entre outros: estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente e estar en posesión da Titulación de Socorrista Acuático en espazos acuáticos naturáis expedidopola Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, pola Academia de Seguridade Galega,cruz Vermella, Idissa ou calquera outra titulación oficial expedida por unha administraciónpública competente

 Sistema de acceso: oposición (probas fisicas e exame tipo test)

As taxas para tódolos procesos son de 18,03 €

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles dende o día seguinte a súa publicación no BOP, polo que este remata o 18 de xuño de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario