5/12/11

CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 233 do 5 de decembro de 2011 publicase a convocatoria do Concello de Vilagarcia de Arousa para prover con carácter de internidade unha praza de recadador.

Os aspirantes deberán estar en posesión do título de Diplomado/a en Ciencias Empresarias, ou ter rematado o primeiro ciclo da Licenciatura en Economía ou en Administración e Dirección de Empresa, ou equivalente.

O sistema de selección é o de concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Pontevedra. Prazo que remata o 20 de decembro de 2011.

As bases da convocatoria estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios do Concello, no servizo de información da Secretaría Xeral e na web municipal www.vilagarcia.es, sección taboleiro de anuncios, apartado selección de persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario