9/12/11

CONCELLO DE ABEGONDO

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 233 do 9 de decembro de 2011 se publica o anuncio polo cal o Concello de Abengondo aproba as Bases para a selección e o nomeamento de persoal funcionario interino de auxiliares de axuda a domicilio, mediante o sistema de concurso.

Estas bases teñen como obxecto:

1) Regular a selección de funcionarios interinos para a execución do programa de carácter temporal servizo de axuda no fogar dependencia 2011/12. Número de prazas a cubrir nesta selección: 3; 2 a tempo completo e 1 a tempo parcial.

2) Creación dunha bolsa de traballo para cubrir as posibles renuncias ou necesidades durante a duración do programa.

A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello dentro do prazo de 5 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, o que fai que este prazo remate o 15 de decembro de 2011.

O Concello xustifica a aplicación deste sistema de acceso por concurso polo carácter práctico do traballo a realizar, a dificultade de avaliar os aspirantes en función de coñecementos teóricos e a importancia da experiencia para o correcto funcionamento do servizo. Ao parecer non son capaces de preparar unhas probas teorico-practicas que servan para avaliar obxectivamente a capacidade dos aspirantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario