2/9/15

CONCELLO DE POIO. Axudante Biblioteca-Arquivo

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 169 do 2 de agosto de 2015, o Concello de Poio publica a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de Auxiliar-axudante de Biblioteca-Arquivo, para nomeamento interino atendendo a necesidades que poidan xurdir no servizo municipal.

Titulación esixida: Graduado Escolar ou equivalente.

Sistema selectivo: oposición.

Dereitos de exame: 26 euros.

O prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial de Pontevedra; prazo que remata o sábado 12 de setembro de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas e datos de contacto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario