26/3/15

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

O Concello de San Cibrao das Viñas publica no Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 69 do 26 de marzo de 2015 as seguintes convocatorias de persoal laboral temporal:

Bases para a selección para cubrir un posto de profesor de música, especialidade vento-metal. (Xornada de 4 horas semanais)   

Titulación esixida: grado medio LOGSE.

Bases para a selección de para cubrir un posto de administrativo para o servizo de información e promoción do turismo.   

Titulación esixida: bacharelato superior ou equivalente

Sistema de acceso para ambas convocatorias: concurso-oposición. (Inclue entrevista)

Prazo de presentación de instancias para ambas convocatorias: 5 días hábiles a contar dende o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP; polo que este prazo remata o 1 de abril de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario