8/3/15

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS. Coordinador Deportivo.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 54 do 7 de marzo de 2015, o Concello de San Cibrao das Viñas publica as  Bases para a selección de persoal laboral temporal para cubrir un posto de coordinador deportivo (a media xornada).

Titulación esixida: graduado escolar ou equivalente.

Sistema de contratación: concurso-oposición.

Na fase de concurso valorarase: Experiencia profesional, formación, cursos de galego e titulación académica.

Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP; polo que este prazo remata o venres 13 de marzo de 2015.


No hay comentarios:

Publicar un comentario