24/3/15

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Intervención-Tesourería.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 55 do 23 de marzo de 2015, o Concello de Salceda de Caselas publica a convocatoria do proceso de selección para a cobertura temporal por persoal funcionario interino do posto de Intervención de clase segunda subescala de Intervención-Tesourería, Subgrupo A1.

Titulación esixida: licenciatura en Dereito, Ciencias Políticas e da Administración, Socioloxía, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Licenciado en Ciencias Actuarías e Financeiras ou equivalente.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Taxa: 25 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 15 días naturais, que se iniciará ao día seguinte ó da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia. Por tanto este prazo remata o 7 de abril de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario