11/12/14

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS. Serv. Atención á Infancia e Traballo Social

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 283 do 11 de decembro de 2014, o Concello de Carballeda de Valdeorras publica as bases que rexerán as seguintes convocatorias:

Selección para a contratación, como persoal laboral temporal, dun/ha auxiliar de xardín de infancia do Servizo de Atención á Infancia.

Titulación esixida: Auxiliar de Xardín de Infancia, auxiliar de Enfermaría ou Puericultora.

Requisito, entre outros: estar en posesión ou en disposición de obter, antes do inicio de prestación do servizo, o carné de manipulador de alimentos.


Selección para a contratación, como persoal laboral temporal, dun/ha técnico/a especialista encargado/a da aula do servizo de atención á infancia.

Titulación esixida: Técnico especialista en Xardín de Infancia, admitíndose tamén as titulacións de mestre especialista en Educación Infantil ou equivalente e licenciatura ou grao en Psicopedagoxía

Requisito, entre outros: estar en posesión do carné de manipulador de alimentos.

Sistema de contratación: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 3 días naturais dende a publicación do anuncio no BOP, polo que o dito prazo remata o luns 15 de decembro de 2014.


Selección dun/ha traballador/a social como persoal laboral temporal

Titulación esixida: diplomatura en traballo social.

Sistema de contratación: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 4 días naturais a partir da publicación da convocatoria no BOP de Ourense, polo que o dito prazo remata o luns 15 de decembro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario