9/10/14

CONCELLO DE FOZ. Profesores de Música.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 232 do 9 de outubro de 2014 o Concello de Foz publica a convocatoria do proceso de selección para contratación laboral temporal (9 meses), a xornada parcial, dos seguintes postos de traballo: 

- 1 praza de profesor de gaita – vento madeira (coñecementos de frauta), por 12 horas á semana. 
- 1 praza de profesor de percusión, por 6 horas á semana. 
- 1 praza de profesor de piano, 20 horas á semana. 
- 1 praza de profesor de guitarra, por 12 horas á semana. 
- 1 praza de profesor de clarinete, 6 horas á semana.

Titulación requirida: título de iniciación ou equivalente na especialidade á que se opte.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de instancias: 7 días naturais a contar dende o mesmo día de publicación deste anuncio (ata ás 14:00 horas de dito día de inicio, no Rexistro xeral do concello). O dito prazo remata o 16 de outubro de 2014.

Duración do contrato: dende o mes de outubro de 2014 ao mes de xuño de 2015. 

Bases do proceso de selección: publicadas na páxina web do concello www.concellodefoz.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario