27/8/14

CONCELLO DE MARÍN. Peóns.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 164 do 27 de agosto de 2014, o Concello de Marín aprobou as bases rectoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego na categoría de peón para os supostos en que sexa precisa a súa contratación laboral temporal ao abeiro do Plan de Emprego Municipal.

Sistema de selección: oposición.

Requisitos, entre outros: Estar inscrito no Servizo Público de Emprego e estar empadroado no Concello de Marín cunha antigüedade mínima de un ano a contar dende a data en que se inicie o prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo.

Dereitos de exame: 18,03 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra; prazo que remata o 13 de setembro de 2014.

ATENCIÓN: O requisito de estar empradoado no Concello de Marín pode ser motivo de impugnar esta convocatoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario