28/2/14

CONCELLO DE TRABADA. Auxiliares axuda no fogar

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 49 do 28 de febreiro de 2014, o Concello de Trabada publica o seguinte anuncio:

Por Decreto da Alcaldía núm. 7/2014 do 19 de febreiro aprobáronse as bases para a constitución dunha bolsa de traballo de auxiliares de axuda no fogar, publicadas no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web www.trabada.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral do Concello de Trabada ou dalgunha das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, sendo obrigatorio neste caso anunciar ao Concello a remisión da solicitude por fax (982135257) ou correo electrónico (concello@trabada.es).

O prazo establecido remata o 10 de marzo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario