22/1/14

CONCELLO DE CEDEIRA. Serv. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 14 do 22 de xaneiro de 2014, o Concello de Cedeira publica a Convocatoria e bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como auxiliares para o servizo de axuda no fogar.

Sistema de provisión: concurso-oposición.

Requisito, entre outros: Estar en posesión de diplomas de cursos oficiais relativos ás funcións a desempeñar que xuntos ou por separado acrediten un mínimo de 400 horas.

Taxa: 5 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 8 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP, polo que este prazo remata o xoves 30 de xaneiro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario