28/12/13

CONCELLO DE A PASTORIZA. Administrativo

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 297 do 28 de decembro de 2013, o Concello de A Pastoriza publica as bases e a convocatoria para a selección e contratación con carácter de persoal laboral temporal a tempo parcial dunha praza de administrativo adscrita á oficina veterinaria. 

Titulación esixida: Bacherelato, BUP, Técnico especialista ou equivalente

Sistema de selección: concurso de méritos e entrevista.

Presentación de solicitudes: de conformidade co modelo recollido nas bases de selección, no rexistro xeral do Concello en horario de oficinas ou por calquera dos sistemas recoñecidos na Lei de Réxime Xurídico da Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común dentro do prazo de dez días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP de Lugo. Por tanto este prazo remata o 7 de xaneiro de 2014.

Podes acceder ás bases desta convocatoria no seguinte vínculo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario