19/11/13

CONCELLO DE OROSO. Auxiliar Téc. de Biblioteca e Cultura

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 220 do 19 de novembro de 2013, o Concello de Oroso publica un Anuncio de convocatoria e bases de selección dun auxiliar técnico de biblioteca e cultura coma funcionario interino e creación de bolsa de emprego para cubrir prazas de xeito temporal do posto de traballo de auxiliar técnico de biblioteca e cultura.

Titulación esixida: Estar en posesión do título de bacharelato, técnico de FP de grao superior ou equivalente ou titulación superior.

Dereitos de exame: 25 euros.

Sistema de selección: concurso-oposición.

O aspirante seleccionado no presente proceso selectivo será nomeado funcionario interino con efectos dende a data de baixa por maternidade da titular da praza, dándose de alta na seguridade social dende ese momento, tendo unha duración a relación de servizo co concello ata que se produza o reingreso da titular da praza ás súas funcións.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles dende o día seguinte da publicación do anuncio no BOP, polo que o prazo remata o sábado 30 de novembro de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario