18/11/13

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE. Operario basura e limpador.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 264 do 18 de novembro de 2013, a Deputación Provincial de Ourense publica as seguintes convocatorias:

Convocatoria para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de uxgencia, segundo Decreto da Presidencia con data 13 de novembro de 2013, dunha praza de chófer-operario da basura para a unidade territorial de O Carballiño.

Convocatoria para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de urxencia, segundo Decreto da Presidencia con data 14 de novembro de 2013, dunha praza de limpador/a para o Pazo de Deportes "Paco Paz".

Sistema de selección para ambas convocatorias: concurso de méritos.

O contrato terá unha duración máxima de tres meses.

Prazo e lugar para a presentación de instancias: 3 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, polo que este prazo remata para ambas convocatorias o xoves 21 de novembro de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario