13/9/13

CONCELLO DE CAMARIÑAS. Animador Cultural

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 175 do 13 de setembro de 2013, o Concello de Camariñas publica un anuncio de convocatoria e bases que rexerán o procedemento de selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso, dun/dunha animador/a cultural.
A duración do contrato será o tempo preciso para o desenvolvemento e execución das actuacións que se recollen na base primeira, en todo caso a contratación non irá máis alá do 31 de decembro de 2013.

Requisito, entre outros: estar en posesión do titulo de técnico en animación sociocultural ou diplomado en educación social. No seu defecto tamén se admitirá a titulación en maxisterio ou calquera outra titulación universitaria.

As solicitudes presentaranse no modelo que se achega como anexo ás presentes bases, dirixidas ó señor alcalde- presidente, presentaranse no Rexistro Xeral en horas de oficina, durante o prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e neste caso os concursantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Este prazo remata o 23 de setembro de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario