26/6/13

CONCELLO DE A TEIXEIRA.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm.145 do 26 de xuño de 2013 o Concello de A Teixeira publica o seguinte anuncio:

Por resolución do Sr. alcalde, con data 20 de xuño de 2013, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de catro traballadores para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios.

Denominación dos postos:

- Un xefe de brigada,
- Un peón-condutor de brigada e
- Dous peóns de brigada.

Duración do contrato: tres meses.

Clase de persoal: laboral temporal.

Prazo de presentación das solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Se o quinto día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil. Prazo que remata o 1 de xullo de 2013.

Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Teixeira en horario de oficina ou na páxina web do concello: concelloateixeira.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario