2/1/12

CONCELLO DE OROSO

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 1 do 2 de xaneiro de 2012 publícanse as bases que rexen na convocatoria de selección dun oficial de primeira baixo a modalidade de contrato laboral temporal así como creación de bolsa de emprego para cubrir prazas de xeito temporal de oficial de primeira para o Concello de Oroso.

Riquisitos esixidos, entre outros: estar en posesión do título de graduado escolar, ESO ou equivalente ou titulación superior e estar en posesión do carnet de conducir clase B.

As persoas interesadas deberán presentar no prazo de 10 días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria no BOP, a documentación que se establece nas bases. Este prazo remata o 14 de xaneiro de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario