19/9/11

CONCELLO DE O COVELO

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 180 do 19 de setembro de 2011 publicaronse as bases dunha convocatoria, do Concello de O Covelo, para a provisión con carácter temporal mentres dure a baixa laboral da titular, dun posto de traballador/a Social. Estará dotada coas retribucións correspondentes ao titular propias do posto de traballo. A praza desempeñarase en réxime de xornada completa e dedicación exclusiva.

Titulación esixida: título de Diplomado/a en Traballo Social ou equivalente.

Sistema de selección: concurso de méritos.

As solicitudes se presentarán no prazo dez días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que aparezan publicadas as presentes Bases no BOP, así o prazo remata o 29 de setembro de 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario