No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 116 do 22 de maio de 2013 o Concello de Pobra de Trives publica as bases reguladoras da convocatoria de selección para a contratación das seguintes prazas de persoal laboral temporal:
Auxiliar de turismo, titulación esixida: bacharelato ou equivalente.
Auxiliar de axuda no fogar, título esixido: auxiliar de clínica ou curso de
capacitación. Ademais cómpre estar en posesión do carné de conducir tipo B
Peón varredor, titulación esixida: estudios primarios, graduado escolar ou
equivalentes.
Tractorista, titulación esixida: estudios primarios, graduado escolar ou
equivalentes.
É obxecto desta convocatoria, a contratación temporal,
mediante convocatoria pública e polo sistema de concurso, dos
postos de traballo que se relacionan, así como a
creación dunha bolsa de emprego para cubrir futuras contratacións.
Sistema de acceso: concurso de méritos.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días
naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 6 de xuño de 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario