21/5/13

CONCELLO DE CULLEREDO


Convocatoria selección mestres programación AFD-2013 (persoal laboral temporal)

Convocatoria selección mestres programación AFD-2013 (persoal laboral temporal) (Aprobada pola Xunta de Goberno Local de 13/05/2013)

Convócanse probas para a selección polo sistema de concurso de méritos, de mestras/es para impartir as unidades de competencia das especialidades da programación AFD, exercicio 2013.

A presente convocatoria rexerase polas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión de 13/05/2013, e publicadas na páxina web do Concello (www.culleredo.es)

O prazo para a presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, polo que remata o 27 de maio de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario