8/7/13

CONCELLO DE MACEDA. CONDUTORES CAMIÓN MOTOBOMBA

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 155 do 8 de xullo de 2013 o Concello de Maceda publica o seguinte anuncio:

Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación:

1. Número e denominación das prazas: dous condutores para camión motobomba.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo. 

3. Duración do contrato: dende a sinatura do contrato ata o 30 de setembro de 2013.

4. Sistema de selección: concurso-oposición.

5. Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

Este prazo remata o sábado 13 de xullo de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario