12/7/13

CONCELLO DE BALTAR. BRIGADA CONTRA INCENDIOS

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 159 do 12 de xullo de 2013 o Concello de Baltar publica o seguinte anuncio:

Convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación:

1.- Número e denominación das prazas: brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais (2 xefes de brigada, 2 peóns condutores e 6 peóns).

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo 

3.-Duración do contrato: tres meses.

4.-Sistema de selección: concurso.

5.- Prazo de presentación de solicitudes: cinco días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. No Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Na mesma data e horario poderán consultarse as bases.

Este prazo remata o mércores 17 de xullo de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario