20/5/13

CONCELLO DE MUIÑOS

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 114 do 20 de maio de 2013 o Concello de Muiños publica as Bases para a selección de 6 prazas de peóns forestais e de xardinería con carácter de laboral temporal mediante concurso, así mesmo tamén publica as Bases para a selección dunha praza de condutor de tractor con rozadora e outra maquinaria similar con carácter de laboral temporal mediante concurso.

No caso dos peóns forestais e de xardinería a duración do contrato é de 3 meses, con posibilidade de pró- rroga por necesidades do servizo e tendo en conta as subvencións concedidas por outras administracións públicas para a mesma finalidade.

Para a praza de condutor de tractor con razodora a duración do contrato é de 6 meses, con posibilidade de pró- rroga por necesidades do servizo e tendo en conta as subvencións concedidas por outras Administracións públicas para a mesma finalidade

Neste caso cómpre estar en posesión do permiso de conducir clase B.

O prazo de presentación de instancias para ambas convocatorias será de 5 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o 25 de maio de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario