28/5/13

CONCELLO DE RIBEIRA

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 100 do 28 de maio de 2013 publícase a Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 34 socorristas acuáticos para o Concello de Ribeira.

O modelo oficial das instancias estará a disposición de todos os interesados, ademais de nas oficinas municipais, no sitio web oficial do concello (www.riveira.es).

 Requisitos, entre outros: Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do título de socorrista acuático, e estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Sistema de acceso: oposición 

As solicitudes presentaranse no citado Rexistro (os días laborais de 9:00 a 13:30 horas) durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax (Fax do Concello de Riveira nº 981 871610) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. 

Tamén poderán comunicalo enviando un e-mail á seguinte dirección de correo electrónico: maria.sieira.rios@riveira.com

Este prazo remata o 7 de xuño de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario