14/3/13

CONCELLO DE VIGO

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 51 do 13 de marzo de 2013 publicanse as Bases rectoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego, que permita os nomeamentos interinos previstos no artigo 10.1 da Lei 7/2007, do 12 de abril, (E.B.E.P) para Diplomados en Enfermería (Subgrupo A2) para o Concello de Vigo.

O sistema de selección será o de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, polo que este prazo remata o 23 de marzo de 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario