13/2/13

CONCELLO DE A PASTORIZA

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 36 do 13 de febreiro de 2013 publícase a Convocatoria para  a contratación con carácter de persoal laboral temporal dun Oficial de Primeira-Conductor e un Peón de Obras e Servizos para o Concello de A Pastoriza.

O anuncio é o seguinte:


A Xunta de Goberno Local en sesión de data 31 de xaneiro de 2013, acordou a aprobación das bases e da convocatoria pública para a selección e contratación con carácter de persoal laboral temporal e a xornada completa dunha praza de oficial primeira-condutor e unha praza de peón de obras e servizos.

Duración do contrato: ata o 31 de outubro de 2013.

Bases reguladoras da selección: atoparanse a disposición dos interesados/as nas oficinas do Concello, podéndose consultar, así mesmo, no taboleiro de anuncios da Entidade e na paxina web do Concello http/www.concelloapastoriza.es

Presentación de solicitudes: de conformidade co modelo recollido nas bases de selección, no rexistro xeral do Concello en horario de oficinas ou por calquera dos sistemas recoñecidos na Lei de Réxime Xurídico da Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común dentro do prazo de oito (8) días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Este prazo remata o 21 de febreiro de 2013.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios desta Entidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario