5/2/13

CONCELLO DE CAMBRE

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 25 do 5 de febreiro de 2013 publícanse as bases e convocatoria de concurso para a selección en réxime laboral temporal dun técnico deportivo para o Concello de Cambre.

Relación laboral: modalidade contractual de contrato por obra ou servizo determinado, con unha duración aproximada de un ano.

Requisito, entre outros: Estar en posesión do título técnico en actividades físicas e animación deportiva, tamén se admitirá o de licenciado en educación física, ou Maxisterio (especialidade en educación física).

As solicitudes, previo pagamento de 30 €. por dereitos de concurso, presentaranse no Rexistro Xeral deste concello no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria BOP. Á solicitude achegarán os documentos que acrediten os méritos alegados.

O prazo remata o 18 de febreiro de 2013. (12 de febreiro festivo en Cambre)



No hay comentarios:

Publicar un comentario